CEG Oxford

O Centro de Estudos Galegos Oxford ten a súa sede en The Queen’s College na Universidade de Oxford. Así mesmo forma parte da Sub-Facultade de Español da Facultade de Linguas Modernas.

Fundado en 1992, foi o primeiro CEG de todo o mundo, seguido a poucos meses do CEG de Birmingham. Dende entón está dirixido polo profesor John Rutherford. Foron os seus lectores Benigno Fernández-Salgado, Xelís de Toro, Manuel Puga Moruxa, Gabriel Rei-Doval e María Liñeira. Actualmente a lectora é Laura Sáez.

O CEG Oxford oferta tres niveis de lingua galega que poden ser cursados por calquera membro da universidade. Oferta unha materia de literatura galega (1863-1936) para os alumnos de cuarto de Español, e para os alumnos de cuarto ano de calquera licenciatura en Linguas Modernas oferta unha materia de literatura galega contemporánea, unha de lingüística moderna e a posibilidade de elaborar un traballo de investigación.

O CEG Oxford contou por longos anos cun reputado obradoiro de tradución galego-inglés do que son froito as seguintes publicacións:

  • Them and Other Stories, antoloxía de contos de Xosé Luís Méndez Ferrín (Ceredigion: Planet, 1996)
  • Things, tradución de “Cousas” de Castelao (Ceredigion: Planet, 2001)
  • From the Beginning of the Sea, antoloxía de conto contemporáneo galego (Brighton: Foreign Demand, 2008).

O CEG Oxford concédelle especial importancia á investigación e dende o ano 1996 organiza coas Sub-Facultades de Español e Portugués o Forum for Iberian Studies. O Centro comezará en 2009 a encargarse da organización dos exames oficiais de CELGA.

Contacto
Centre for Galician Studies
The Queen’s College
OX1 4AW
Oxford
United Kingdom
+44(0)1865279159
Web do Centro dentro da web da Facultade de Linguas Modernas da Universidade de Oxford

Deixa un comentario

You must be Logged in to post a comment.

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930