O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O Centro de Estudos Galegos en Gales comezou a súa andaina en outubro de 2006 co obxectivo de fomentar e espallar os Estudos Galegos no estranxeiro, especialmente no Reino Unido.
A súa directora é a doutora Helena Miguélez Carballeira e a súa lectora é Marta Prego Graña; o centro está integrado na Escola de Linguas Modernas da Universidade de Bangor.
Neste curso o CEG en Gales está a ofrecer dous modulos cuadrimestrais de iniciacion á lingua galega (no que tamen se inclúen contidos de cultura e sociolingüística) e un módulo cuadrimestral sobre a historia contemporánea galega. Ademais da promoción do ensino da lingua, a organización de congresos, conferencias ou un programa de estadía de escritoras/es galegas/os son outras das actividades levadas a cabo polo centro.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.