O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O CEG de Cork forma parte da University College Cork, coñécese co nome de Irish Centre for Galician Studies e é o único centro de estudos galegos en Irlanda. Localízase no College of Arts, Celtic Studies e Social Sciences, academicamente intégrase no Department of Hispanic Studies e as materias de galego son optativas dentro do currículo dos alumnos deste departamento.
O centro creouse en 1998 pola iniciativa do seu director ata o día de hoxe, David Mackenzie. Na actualidade, o profesor lector é Isaac Fernández. O centro oferta dous módulos de lingua galega e outros dous de cultura galega, todos eles anuais e de 5 créditos. A partir do ano que vén ofrecerase un novo curso de cultura e economía na Península Ibérica pensado para os alumnos de económicas, unha parte do cal centrarase en Galicia.
No Department of Hispanic Studies de Cork é posible tamén facer estudos de terceiro ciclo de tema galego, tanto un Máster en Hispanic Studies de orientación galega coma unha tese de doutoramento.
Contacto
Irish Centre for Galician Studies
Department of Hispanic Studies
University College Cork
Cork
Éire
+353 (0) 21 490 3271
Web do centro
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.