CEG de Zadar

A posibilidade de abrir un CEG en Zadar xurdiu baixo a iniciativa do Profesor Nikola Vuletic, responsable tamén da posta en marcha dos estudos de Lingua e Literatura Hispánicas nesta Universidade. Movido polo seu interese e paixón pola lingua galega, Vuletic iniciou un período de diálogo entre a Universidade de Zadar e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta iniciativa veu a luz cando finalmente se asinou o convenio que permitiu a chegada da lingua galega ás aulas desta Universidade da costa Adrática. Deste xeito, en outubro do ano 2007 botou a andar oficialmente este Centro de Estudos Galegos.
Co nacemento do CEG, Zadar convertiuse en precursora e foco/centro da lingua galega na Europa suroriental. Este Centro foise constituíndo como motor e anfitrión dos encontros interdisciplinares centrados no galego e en Galicia á outra beira do Adriático. Ademais, a privilexiada posición coa que conta a lingua galega dentro do plano de estudos de Lingua e Literatura Hispánicas fixo posible que, dende os comezos, o número de alumnos que estudan galego sexa moi elevado.

Estudar galego en Zadar

Os alumnos do CEG de Zadar cursan Lingua Galega os dous primeiros anos da diplomatura en Lingua e Literatura Hipánicas. A estas materias de lingua correspóndenlles catro horas semanais de aulas, ao longo das cales o alumnado adquire a capacidade de falar e comprender o galego ata un nivel B1/B2 segundo os parámetros do MECRL. No terceiro ano de estudos da diplomatura ofrécense dúas materias cadrimestrais: Cultura e Civilización galegas no primeiro cadrimeste e Introducción á Literatura Galega no segundo. Con este programa preténdese que os estudantes de galego desenvolvan competencias lingüísticas en lingua galega, ademais dun entendemento máis comprehensivo da situación histórica, cultural e socio-lingüística de Galicia. Do mesmo xeito proporciónase un primeiro contacto cos trazos máis característicos da literatura galega.
As materias, de 2 ECTS cada unha, son as seguintes:

LINGUA GALEGA I
• LINGUA GALEGA II
• LINGUA GALEGA III
• LINGUA GALEGA IV
• CULTURA E CIVILIZACIÓN GALEGAS
• INTRODUCCIÓN Á LITERATURA GALEGA

Deixa un comentario

You must be Logged in to post a comment.

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930