CEG de Salvador de Bahía

O Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas (CELGA) é unha institución cultural vinculada á UFBA (Universidade Federal da Bahia) creada o 30 de marzo de 1995 a través de convenio entre a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Universidade Federal da Bahia (UFBA).

A Universidade Federal da Bahia (UFBA) conta con diferentes campus universitarios no estado da Bahia, concentrando os principais complexos educativos na capital baiana de Salvador. É na cidade de Salvador onde se sitúan os Campus de Ondina e o Campus do Canela. Non obstante, existen outras escolas superiores e facultades fóra destes centros educativos localizadas en diversos puntos da urbe.

O CELGA conta cunha área de traballo propio, situada no segundo andar das instalacións da Biblioteca Central da UFBA, a Biblioteca Macedo Costa, próxima ao Instituto de Letras (ILUFBA).

Desde a creación do CELGA organizáronse cursos de lingua e cultura galegas coa participación de profesorado galego. Na súa fundación e durante un extenso período congregou no seu Consello representantes dos Departamentos de Letras Románicas, Letras Vernáculas, Fundamentos para o Estudo das Letras (todos estes vinculados ao Instituto de Letras) e do Departamento de Antropoloxía, da Facultade de Filosofía e Ciencias Humanas.

O centro conta con lectorado de lingua galega desde 1997. Vinculado ao Departamento de Letras Románicas do Instituto de Letras da Universidade, é neste espazo onde se imparten as tres disciplinas ofrecidas ao alumando: “Noções de Língua e Literatura Galegas”, “Estudos de Literatura Galega Contemporânea” e “Cultura Galega”. As disciplinas son abertas a todo o alumnado universitario con independencia da titulación a cursar.

Desde a súa creación e ate o 2007 foi dirixido pola profesora María del Rosario Suárez Albán. Actualmente leva a coordinación do centro a profesora Teresa Leal. O profesor lector é Xosé Manoel Juane.

Os datos de contacto son:

CELGA – Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas

Biblioteca Central UFBA – Rúa Barão de Geremoabo, s/n – Campus Ondina

Fone: + 55 (0)71 3283-6257 – Fax: + 55 (0)71 3283-6208

UFBA: http://www.portal.ufba.br/

Deixa un comentario

You must be Logged in to post a comment.

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930