CEG de Tübingen

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Tübingen, que está inserido no departamento de Linguas Románicas da Facultade de Letras, retomou a súa actividade en setembro de 2005 baixo a dirección do Prof. Johannes Kabatek. Na actualidade o profesor - lector de lingua e cultura galegas é Aitor Rivas.

A Universidade de Tübingen está situada no estado de Baden-Württemberg, no sur de Alemaña e a súa historia vén avalada polas importantes personalidades que estudaron aquí (Goethe, Hölderlin ou a Premio Nobel Christiane Nüsslein-Volhard entre outras).

A facultade conta cunhas boas instalacións no Brechtbau (o edificio de Bertold Brecht) e as actividades académicas e culturais que organizamos teñen moi boa acollida por parte do alumnado e do profesorado.

O Centro tamén se encarga, dende o ano 2008, da organización dos exames oficiais de CELGA.

Alén diso, temos un blog de aula onde o alumnado expón as súas impresións sobre Galiza.

http://galicingen.wordpress.com/

Estes son os datos de contacto:

Centro de Estudos Galegos
Romanisches Seminar
Brechtbau - Raum 328
Wilhelmstraße, 50
72074 – Tubingen
Tel. 0049-7071297575

Deixa un comentario

You must be Logged in to post a comment.

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930