O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O Lectorado de Galego da Universitat Autònoma de Barcelona intégrase dentro do departamento de Filoloxía Francesa e Románica, na Facultade de Letras, onde amais do lector enviado pola Xunta desenvolve o seu labor docente e investigador a profesora Sonia Varela Pombo.
O Lectorado ofrece unha formación que pretende responder ás características e necesidades do alumnado das “materias campus” (abertas a todas as titulacións) que imparte: Llengua i cultura gallegues I, Llengua i cultura gallegues II, Cultura i societat gallegues contemporànies, Literatura gallega, L’estudi de la cultura gallega a trevés dels mites e Història de Galícia a través de la seva llengua. Ao estaren dirixidas a un alumnado que se está a formar en especialidades moi diferentes, o programa de actividades que organiza busca dar cabida á diversidade e á transversalidade e resultar atractivo a un público universitario xeral.
Esta oferta docente complétase coa impartición dos Cursos de galego para adultos. Niveis Celga1, Celga2, Celga3 eCelga 4, abertos non só á comunidade universitaria senón tamén á súa área de influencia. Neste sentido cómpre salientar que o Lectorado de Galego da UAB é, xunto coa UB, un dos centros encargados de organizar os exames oficiais CELGA en Barcelona.
Fóra do ámbito académico, o Lectorado colabora con varias entidades na promoción da cultura galega en Cataluña, destacando neste sentido a súa integración en Rede.cat ou a coordinación do Club de lectura do Centro Galego de Cerdanyola del Vallès.
Paulo Filgueiras Fachal
Lectorat de Gallec
Departament de Filologia Francesa i Romànica
Edifici B. Facultat de Lletres
Universitat Autònoma de Barcelona
08193 Bellaterra (Cerdanyola del Vallès)
Tfn: 93 581 18 21
paulo.filgueiras@uab.cat
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.