O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
A historia do Centro de Estudos Galegos de Heidelberg comeza no ano 1993 cando o catedrático da Universidade de Compostela Ramón Lorenzo entra en contacto co profesor Jens Lüdtke, daquela en Berlín, e propón a formación dun lectorado de galego. O profesor Lüdtke fundará este centro dous anos despois, en 1995.
As primeiras lectoras foron Dolores Ochoa (1995-2000) e Rosalía Grandal (2000-2002). Elas encargáronse de ofrecer os primeiros cursos, promocionar a nosa cultura e dotar o centro dunha importante biblioteca. Entre o ano 2002 e o 2007 a lectora foi Paula Bouzas. O actual responsábel do Centro é o profesor Martin Becker e o lector de galego é Diego Alfonsin Rivero.
Correo de contacto: alfonsinribeiro@gmail.com
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.