Centro de Estudos Galegos da Universidade de Murcia

O Centro de Estudios Galegos de Murcia foi creado mediante un convenio entre a Xunta de Galicia, a través da SXPL, e a Universidade de dita cidade para promover o ensino e a investigación da lingua, da literatura e da cultura galegas na Rexión de Murcia.

O Centro de Estudos Galegos forma parte da oferta educativa do Departamento de Románicas da Facultade de Letras da Universidade de Murcia desde hai xa 10 anos. Ademais de ofrecer as materias de Lingua Galega e a súa Literatura en 2 niveis como optativas de primeiro ciclo para todos os graos de filoloxía e, a materia de Tradución de textos románicos: gallego como optativa de primeiro ciclo da especialidade en Tradución e Interpretación.

O CEG de Murcia tamén organiza actividades relacionadas coa investigación, a promoción e a difusión da lingua, da literatura e da cultura galegas, tales como conferencias, seminarios, congresos, mesas redondas, exposicións, etc., tanto no ámbito universitario como na súa área de influencia.
Contacto:

Centro de Estudos Galegos da Universidade de Murcia
Facultade de Letras
Campus de la Merced 30100 Murcia
Lectorado: Raúl Pinheiro
Edificio Rector Lostau. Despacho 2.7
pinheiro.raul@um.es
tfno.: 868 88 3259

Deixa un comentario

You must be Logged in to post a comment.

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930