Lectorado na Universitat de Barcelona

O lectorado de galego na Universitat de Barcelona está integrado dentro do Departament de Romàniques (sección galega e portuguesa), na que imparte docencia o seguinte profesorado: María Xesús Lama (responsable do lectorado), Helena González, Sabela Labraña e Camilo González. Na actualidade desenvolve os labores de lectorado Ana Escourido.

Os estudos de galego na UB ofrécense como un itinerario dentro do grao en “Llengües i Literatures Modernes, itinerari bilingüe A+B”. Os alumnos deben cursar as materias de galego combinadas coas doutra lingua: alemany, anglès, àrab, català, espanyol, francès, grec, hebreu, italià, llatí, polonès o rus.

Tamén se poden cursar diversas materias de galego dentros dos graos en “Lingüística (itinerari Lingüística + 2 llengües)”, “Filologia Romànica” e “Estudis Literari”.

Ademais das materias propias de grao, impártense cursos para a obtención dos Celga e dous másters oficiais (Màster oficial en Estudis de Dones, Gènere i Ciutadania e Màster oficial en Construcció i Representació d’Identitats Culturals).

A modo de curiosidade, a sede do lectorado encóntrase na Facultat de Filologia, situada nun dos edificios máis antigos da universidade: o Edifici Històric. Este edificio foi construído no século XIX a imitación doutro que fora destruído durante a guerra de sucesión española (s. XVIII) e que estaba situado na actual Rambla dels Estudis.

Para máis información pódese consultar o seguinte enlace:
http://www.ub.edu/filgalport/

Información de Contacto:

Filologies Gallega i Portuguesa
Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585
08007 Barcelona

Deixa un comentario

You must be Logged in to post a comment.

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930