O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O Centro de Estudos Galegos está inscrito no Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel. Kiel é a capital do estado federado alemán Schleswig-Holstein.
Está en funcionamento desde outubro de 2007. O seu director, o Prof. Dr. Javier Gómez-Montero é un galego que vive en Alemaña desde hai moitos anos e que, xa antes da creación do CEG, ofrecía seminarios sobre cultura e literatura galegas, polo cal o CEG tivo unha grande acollida. A lectora na actualidade é Uxía Iglesias.
Este CEG ofrece tres niveis diferentes de lingua galega e un curso de cultura. Ademais organizou desde a súa creación seminarios de tradución (galego – alemán) e excursións a Galicia. Calquera alumno ou alumna da Universidade de Kiel pode acceder aos cursos.
Datos de contacto:
Centro de Estudos Galegos
Romanisches Seminar der Christian-Albrechts-Universität zu Kiel
Leibnizstraße 10, 24098 Kiel
Correo-e: u.iglesias@romanistik.uni-kiel.de
Teléfono: +40(0431) 880-3339
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.