O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O Centro de Estudos Galegos de Berlín forma parte do Instituto de Filoloxía Románica da Freie Universität, que celebrou o pasado ano 2008 o seu 60º aniversario. Hai xa máis dunha década que o galego chegou ás aulas da Freie Universität da man da lectora Sandra Castiñeiras e de Antón Porto despois dela. A actual lectora de lingua, literatura e cultura galegas é Beatriz Vizcaíno e o responsable provisional, o Prof. Sebastian Neumeister.
Coa recente introdución, no curso 2004-2005, do novo modelo de estudos, estruturados en Bachelor e Master, o galego veu consolidar a súa posición nos plans de estudos do Instituto. Os programas de Bachelor (é dicir, de grao) compoñénse dun módulo principal de 90 créditos e un secundario de 60, ou ben dous de 30. Nesta estrutura, o galego ofértase como módulo de 30 créditos, que os estudantes deben completar nos tres anos da titulación cursando diversas materias de lingua, literatura e cultura galegas.
Estes son os datos de contacto:
Lektorat für Galicisch – JK 30/146
Institut für Romanische Philologie
Freie Universität Berlin
Habelschwerdter Allee 45
14195 Berlin
Teléfono: +49 3083854612
Correo electrónico: vizcaino@zedat.fu-berlin.de
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.