O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
Conferència
Como desmantelar a oficialidade dunha lingua: situación e retos do galego
Carlos Callón (Ribeira, 1978) preside a Mesa pola Normalización Lingüística desde o ano 2002 e o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL) desde 2008, e participou activamente no impulso da plataforma Queremos Galego, da cal é un dos portavoces.
Licenciado en filoloxías galega e portuguesa, publicou diversas investigacións sobre sociolingüística e literatura -materias sobre as cales é un prolífico conferenciante- salientando Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela (A Nosa Terra, 2005). O seu último libro, En castellano no hay problema (Xerais, 2010), analiza a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Amais de colaborar con asiduidade en varios medios de comunicación, mantén o blog persoal www.carloscallón.com
__
Xoves, 20 de maio ás 13h00
Aula 105 Facultat de Filosofia i Lletres
Universitat Autònoma de Barcelona
__
Organitzen: Lectorat de Gallec, UAB || Filologies Gallega i Portuguesa, UB
Col·laboren: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia || Rede.cat
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.