O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
Hoxe celebramos no Seminario de Linguas e Literatura Románicas da Universidade de Kiel o Día das Letras Galegas e a Diada de Sant Jordi. Aquí tedes o cartel.
Contamos coa participación do poeta e tradutor catalán Jordi Jané que falou sobre a tradución de literatura alemá ao catalán.
E tamén coa do coro do Seminario, formado por profesoras e estudantes.
Case toda a presentación correu a cargo das estudantes dos lectorados de catalán e galego que fixeron presentacións sobre o significado destes dous días así como da figura do poeta Uxío Novoneyra.
Para rematar fixeron unha pequena lectura en catalán/galego e alemán. As traducións fixéronas elas mesmas nos cursos avanzados de catalán e galego.
Despois do acto os estudantes tiveron a oportunidade de alimentar o corpo e a mente comendo algo, falando co autor invitado, e botándolle unha ollada aos libros galegos e cataláns expostos, ademais de poder elixir e levar algunha das moitas poesías de Uxío Novoenyra repartidas polo Seminario.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.