Na semana das letras galegas Os Estalotes actuarán na cidade do Tejo.
O coñecido grupo de música tradicional galega, levará á capital portuguesa a súa animada música de rúa, que ten como característica principal e diferenciadora o canto.

Desta vez, Os Estalotes trocarán o compostelán barrio de San Pedro, lugar habitual das súas actuacións, para dinamizar varios espazos da zona antiga de Lisboa.
A iniciativa xurdiu dunha colaboración entre a Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa e o C.E.G. da Universidade Nova de Lisboa.
Dúas actuacións están previstas no sábado 15 de maio, unha primeira na Xuventude de Galicia, ás 18:30, e a seguir, haberá un Terreiro do Gaiteiro, serán de gaiteiros galego-portugueses, que se celebrará das 21:30 en adiante na Casa da Comarca da Sertã.