O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
A Secció de Gallec i Portugués da Universidade de Barcelona organiza unha serie de actividades de homenaxe a Uxío Novoneyra (O Courel, 1930 –Compostela, 1999), o autor das Letras Galegas 2010.
O vindeiro 13 de maio desenvolverase a conferencia “Novoneyra, a distancia do lobo”, a cargo do escritor e xornalista Antón Lopo, que vén de publicar Distancia do lobo. Unha biografía de Uxío Novoneyra (2010).
Asemade, dende o 10 ao 21 de maio de 2010 expoñerase nas vitrinas da Biblioteca General da Facultat de Filologia da UB unha mostra bibliográfica arredor da figura de Uxío Novoneyra, que leva por título “Uxío Novoneyra e a poesía experimental en Galicia”.
Máis información en http://www.ub.edu/filgalport/
You must be Logged in to post a comment.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Aitor
7 Maio 2010 ás 11:40 am
Parabéns polo acto!! É preciso que se dea outra visión (máis próxima á realidade do señor Novoneyra).
Saúde e Lingua!