No próximo venres 19 de Febreiro retómanse en Lisboa as Aulas Abertas.

Contaremos nesta ocasión coa presenza de Alberte Bautista como convidado. O profesor berciano da Universidade Lusófona falaranos da situación da lingua galega na comarca do Bierzo.

A actividade, que tivo que aprazarse antes do nadal, comezará ás 17:30 na Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, e tamén incluirá a proxección do documental Fronteiras, de Rubén Pardiñas, sobre os diferentes puntos de vista acerca do galego falado fóra das fronteiras de Galiza.