A plataforma Prolingua, en colaboración coa plataforma galego-catalá Defensem la llengua gallega, presenta en Barcelona o libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Análise dos prexuízos que difunden os inimigos do idioma (Editorial Laiovento), na que intervirán Pere Comellas (especialista en plurilingüismo e profesor da UB), Sabela Labraña (especialista en sociolingüística e profesora da UB), Xiana Díaz (representante da plataforma Defensem la llengua gallega) e Paulo Filgueiras (especialista en normalización lingüística e profesor da UAB).

Neste acto debateranse os aspectos conflitivos que envolven a implantación do novo decreto que regula o emprego da lingua galega no ensino público. As súas bases foron analizadas exhaustivamente nun informe publicado pola Real Academia Galega e rexeitadas por boa parte da sociedade galega na folga xeral masiva do 21 de xaneiro pasado.

O libro será presentado simultaneamente nas principais cidades e vilas galegas, en diversas cidades do Estado español e nun importante número de cidades do mundo como Lisboa, Londres, París, Nova York, Bruxelas, Tel Aviv, Cork, Bos Aires ou Copenhagen.

Máis información aquí