O vindeiro venres 5 de Febreiro de 2010 ás 18h30 terá lugar na sala 420-B do Centro Censier da Universidade de Paris 3-Sorbonne Nouvelle a presentación do manual 55 mentiras sobre a lingua galega.

O libro coeditado pola Plataforma Prolingua e a editorial Laiovento foi coordinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

O acto organizado por Prolingua na capital francesa será conducido polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Antón Figueroa e o profesor de CICC da Universidade de Paris 10 Marcos Giadas.