O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
Un ano mais celébrase en Paris o evento Expolangues, que leva 25 anos promovendo a aprendizaxe das linguas, defendendo o plurilingüismo e animando as mudanzas internacionais.
Desde o Centro de Estudos Galegos de Paris queremos convidarvos a asistir ao evento, a descubrir o galego nunha clase de demostracion e a visitar o stand da lingua galega para informarvos sobre o estatuto da lingua galega, sobre onde podedes aprender galego en Paris e sobre as actividades relacionadas coa lingua galega nas que podedes participar en Paris.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.