O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O próximo venres 15 de xaneiro de 2010 celebrarase en París o evento « A nosa lingua é internacional » cunha edición do concurso PLANETA NH, a presentación do manual Do Ñ para o NH de Valentim R. Fagim e o concerto Sons da lusofonía interpretado por Aline Frazão e César Herranz.
As actividades están especialmente pensadas para as persoas que estudan galego en París e están abertas a toda a comunidade galega e lusófona, así coma a todas aquelas persoas que desexen coñecer a nosa lingua e a nosa cultura.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.