O pasado 10 de decembro Filologies Gallega i Portuguesa organizou unha charla sobre a lingua galega e mais unha visita á Universitat de Barcelona para o alumanado do Proxecto Galauda.

Galauda é unha iniciativa dirixida por Sabela Labraña para o fomento da lingua e a cultura galegas na Secundaria catalá. Dentro das súas actividades anuais organizan unha visita aos lugares máis emblemáticos da cultura galega de Barcelona: a Librería Sargadelos, a Universitat de Barcelona e o Centro Galego de Barcelona.

Este ano foron tres os institutos que puideron participar da actividade: o IES Margarida Xirgu (l’Hospitalet de Llobregat), coa profesora Charo Teixeiro, o IES Sant Just Desvern (Sant Just Desvern), coa profesora Celsa Nogueira; e o IES Arquitecte Manuel Raspall (Cardedeu), coa profesora Mónica Fernández.