O mércores pasado, dia 16 de decembro, e aproveitando a cadeira de História da Literatura Galega contamos cun profesor convidado. Emilio Cambeiro, recente leitor de La Habana, viaxou até Faro para falar de Vicente Risco e a sua obra xornalística e literaria. A conferencia comezou coa análise ideolóxica (tanto na política como na arte) do escritor de Ourense, deixando a segunda parte para analisar a importancia do humor en obras como “O porco de pé”, da que foron lidos fragmentos.

A conferencia de Emilio Cambeiro coincidiu co Dia da Universidade do Algarve, o que se demostrou un xeito perfeito de celebrar o aniversario da institución.