Na década de 1960 fixouse un obxectivo editorial prioritario: a creación dunha literatura infantil en galego, catalá e vasco. É por iso que La Galera abre unha liña de coedicións con Edili e Galaxia, e, pola súa banda, esta editorial escolle unha escritora moi premiada naquel momento, Xohana Torres, como tradutora dos títulos cataláns ao galego e como autora de narracións orixinais.
Montse Pena Presas, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en literatura infantil e xuvenil ofreceu o pasado 10 de decembro na Universitat de Barcelona unha interesantísima conferencia titulada “As orixes da literatura infantil en galego: Xohana Torres, Galaxia e La Galera”, na que achegou datos pouco coñecidos do papel fundamental da escritora Xohana Torres neste ambicioso proxecto editorial.

Acto organizado por Filologies Gallega i Portugues da Universitat de Barcelona, polo Lectorat de Gallec da Universitat Autònoma de Barcelona e o Centre Dona i Literatura