Antonio Mira, Lector de Galego no CEG de Faro, inaugurou a programación de aulas abertas do Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa.


Baixo o tema de Literatura Galega e Sexo, A. Mira foi facendo unha análise do tratamento deste asunto ao longo dos diferentes períodos da produción literaria galega. Centrouse na mudanza de visións no tempo, desde a naturalidade do período medieval, pasando pola inocencia bucólica no Rexurdimento, ou a abertura ás transgresións na poesía contemporánea.

Á aula, que tivo lugar nas fermosas instalacións do Centro Galego - Xuventude de Galicia- en Lisboa, asistiron alumnos da universidade, do curso de formación Celga en Lisboa, e outras persoas interesadas, dado o carácter aberto da iniciativa.

Un pequeno debate á seguir pechou a xornada, a cal terá continuidade en próximas datas coa intervención de Alberte Bautista noutra aula aberta, onde se falará sobre O galego do exterior: O caso do Bierzo.