Madrid acolle a primeira xuntanza de lectorados peninsulares cunhas xornadas de convivencia e formación celebradas entre o 13 e o 15 de novembro de 2009

Os lectores e lectoras de galego da Península reuníronse na Universidade Complutense de Madrid para poñer en común a situación dos Centros de Estudos Galegos nas súas respectivas universidades e falar de posibles colaboracións na realización de actividades conxuntas e da xestión dos cursos e das probas Celga no exterior.

Tras a produtiva xuntanza de traballo celebrada na universidade os lectores foron recibidos polo Grupo Bilbao no faladoiro do “castizo” café Comercial, no que habitualmente se reúne este grupo de artistas e intelectuais galegos  o último sábado de cada mes.                                                                                                                                                                                                    

Á noite achegámonos ata Malasaña para coñecer o centro social Patio Maravillas, co que o lectorado da Universidade Complutense ten previstas algunhas colaboracións para este curso.

-

E xa o domingo, como despedida, visita guiada ao Museo Reina Sofía de Arte Contemporánea da man de Xose Antonio Prieto Souto, especialista en Historia da Arte e Comunicación Audiovisual.

Grazas por todo.