O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
Para celebrar o comezo do curso, e axudar á difusión da asignatura Língua e Literatura Galega entre os alumnos, O Leo i Arremecaghona trouxo até a Universidade Nova de Lisboa toda a transgresión do seu punk.
Pode ser que fose a primeira vez que O Leo actuaba nunha universidade… só sei que na terraza central da facultade xuntouse grande cantidade de xente que desfrutou dunha das propostas máis persoais, enérxicas e innovadoras da música galega.
O concerto tivo unha parte inicial na que O Leo de Matamá interpretou versións dos clásicos da canción protesta, para pasar posteriormente ao punk, moi apreciado pola comunidade universitaria da FCSH, que sempre destacou por ser bastante metaleira.
Un dos momentos álxidos do concerto, foi cando Antonio Mira, que axudou na organización do evento, comezou a repartir ghusanitos entre o público, mentres O Leo cantaba unha das súas cancións máis coñecidas: A maldisión dos ghusanitos.
You must be Logged in to post a comment.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
admin
7 Outubro 2009 ás 2:43 am
Aí fica un video do concerto
http://www.youtube.com/watch?v=HCmpoLoNgX0