O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
Nas datas arredor do Día Europeo das Linguas (26 de setembro), estivo á mostra na entrada da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, unha selección das fotografías participantes na cuarta edición deste concurso organizado entre a SPXL e o portal de noticias Vieiros.com 
A exposición, que contou coa axuda de Anna Cortils (lectora de catalán na U.Nova), achegou unha ollada sobre a lingua galega ao alumnado da universidade.
Un retrato sobre a lingua que ía máis alá, pois ao mesmo tempo mostraba diferentes visións sobre a sociedade galega en aspectos como a identidade, a terra, as raíces, os movimentos sociais ou a convivencia lingüística. 
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Deixa un comentario
You must be Logged in to post a comment.