Esta tarde o lector de Trier e mais eu, tivemos o pracer de ir visitar Balingen, nos arredores de Tübingen, para pasear e conversar con Ingmar Seiwerth, un activista a prol da cultura sueba, gaiteiro e artesán. Alén diso, Ingmar é membro dunha asociación cultural (que conta con máis de 120 000 socios -só en Suabia-) pola defensa da cultura popular. Daba gusto ver elementos tradicionais, moitas veces asociados á cultura galega, en perfecto estado de conservación, nunha especie de Museo do Pobo Suabo, erguido coa vontade de moitas persoas que traballan para que non se perda todo ese tesouro.

Déixovos unha pequena mensaxe que Ingmar gravou para nós. Grazas, coma sempre, foi un pracer!

Vídeo de Ingmar Seiwerth

Agora agardamos ver os vídeos que fagades cos vosos alumnos e alumnas…