O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O pasado 11 de maio, na Faculdade de Letras da Universidade de São Paulo tivo lugar a conferencia “A lingua histórica galego-portuguesa: variación e norma”, dictada (e en partida dobre, ás 10h e 19:30h.) polo profesor Xoán Lagares Díez, d
ocente da Universidade Federal Fluminense e membro do Núcleo de Estudos Galegos desta universidade carioca.
O evento envolveu os oito grupos de 1º ano da carreira de Letras-Português, que encheron o anfiteatro da facultade de Historia en sesións de mañá e tarde e que protagonizaron animadas quendas de preguntas despois das conferencias.
Só nos resta esperar que a semente do interese polo galego abrolle entre estes futuros filólogos brasileiros, así como agradecer ao prof. Lagares a súa sempre amable disponibilidade para cooperar coas actividades da Cátedra de Estudos Galegos da USP, na nosa común angueira de facer visible a cultura galega en terras do Brasil.
You must be Logged in to post a comment.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Burghard Baltrusch
21 Maio 2009 ás 6:48 pm
Do 13 ao 17 de xullo de 2009 terá lugar nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo o IX Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). É a primeira vez que este congreso trianual se celebra en Galiza e ofrece un programa con 27 mesas redondas e 26 seccións de relatorios. Participarán máis de 100 investigadoras/es estranxeiros e máis de 100 vindas de Galiza e do Estado español. O programa está disponíbel na web da AIEG en http://www.estudosgalegos.org.