Para celebrar o Día das Letras, o Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa aproxima a música galega á cidade do Tejo, organizando en colaboración coa Fábrica Braço de Prata unha actuación de Marful.
O concerto, que será de entrada libre, terá lugar nas instalacións desta antiga fábrica de armas e agora espazo multidisciplinar que inclúe libraría, sala de exposicións, concertos, bar, restaurante, teatro…A actuación está programada ás 22:00 o domingo 17 de maio, na Fábrica Braço de Prata, no Poço do Bispo en Lisboa.
Estades todos convidados!