O próximo luns, 27 de abril, vai haber unha conversa con Xaquín Núñez Sabarís, profesor da Universidade do Minho e coautor do manual Aula de Galego, recurso didáctico que está sendo utilizado para a aprendizaxe de galego como lingua estranxeira por bastantes estudantes dos Centros de Estudos Galegos de todo o mundo.

Xaquín, especialista en didáctica de lingua e literatura,  vai realizar un seminario co alumnado e persoas interesadas de Lisboa,  sobre a importancia que tén a inclusión de contidos socioculturais no ensino da lingua galega.

Esta actividade encádrase dentro dun convenio de colaboración entre o Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa e a organización do congreso: Diálogos Ibéricos e Iberoamericanos, VI Congreso Internacional de ALEPH (Asociación de Jóvenes Investigadores de la Literatura Hispánica), actividade na que Xaquín Núñez tamén vai participar.

A conversa, a cal está aberta á toda a xente interesada, vai ter lugar o día 27 de abril, ás 16:00 horas, na sala 6 da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, situada na Avenida de Berna, 26-C, Bloco B1.