O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
A semana pasada celebrouse o congreso anual da AHGBI (Asociación de Hispanistas de Gran Bretaña e Irlanda) na Queen’s University of Belfast.
Isto non tería particular interese para os lectorados de galego se non fose pola cada vez máis notoria presenza dos galeguistas nesta xuntanza anual. Na cita deste ano, o panel galego contou cun total de nove ponencias sobre diversos temas: cine, lingua, literatura… A particular contribución do CEG de Cork foi a presenza do seu director, David Mackenzie, como moderador de todas as sesións e a presentación dunha comunicación da lectora, Mónica Ares, sobre os latinismos nos Miragres de Santiago.
Foi unha ocasión interesante porque o galego vaise facendo cada vez máis visible no contexto do hispanismo das Illas Británicas e porque permite reunir especialistas procedentes de Galicia con outros que, asentados nas Illas, son habituais deste tipo de eventos. Entre os locais estaban Craig Patterson, Martín Veiga e Ryan Prout. Chegados de Galicia contamos coa presenza de Joaquim Ventura, David Rodríguez Lorenzo, Elisa Fernández Rei, Gabriel Pérez Durán, Paulo Martínez Lema, Rocío Dourado, Ricardo Pichel e Teresa Bermúdez.
You must be Logged in to post a comment.
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.
Xabier
22 Abril 2009 ás 7:07 pm
Xa en marcha a edición de 2010, que terá lugar en Londres do 12 ao 14 de abril. http://www.dur.ac.uk/hispanists/conference-cfp2010.doc
Monica
22 Maio 2009 ás 8:52 am
Animádevos a participar no congreso da AHGBI. O panel de galego leva anos medrando grazas á organización de Craig Patterson, e fan falta ponentes para seguir a ese nivel.