PLANETA GaLE

Chus Pato e Marilar Aleixandre en Cork
O 27 de maio chegaron a Cork Chus Pato e Marilar Aleixandre. As dúas poetas, que viñan de participar en Dublín no acto de promoción do libro To the Winds our Sails, Irish writers translate Galician poets, visitaron a UCC e mais o Centro Irlandés de Estudos Galegos antes de achegarse ao recital.

Marilar e Chus recitaron, acompañadas das traducións dos poemas da devandita publicación, nunha sala da biblioteca municipal que estaba ateigada dende o comezo do acto non só por estudantes (algunha mesmo se animou a participar lendo a tradución en gaélico dun dos poemas de Chus), senón por persoas interesadas na literatura galega, o que é proba da boa acollida do acto.

No intermedio do recital participou tamén un grupo de música vencellado ao Centro Irlandés de Estudos Galegos que interpretou unha selección de temas tradicionais galegos e irlandeses que axudou a manter a emotividade que distinguiu o acontecemento.

Comezando o segundo semestre paulistano…
Prácenos informarvos das actividades coas que a Cátedra de Estudos Galegos da USP enceta esta segunda xeira do 2010, nas que sería un pracer encontrarvos.

En todas elas contaremos coa presenza de Baldomero Iglesias, “Mero” e José Luís Rivas, “Mini”, recoñecidos músicos, etnógrafos e poetas galegos con máis de catro décadas de traballo na recuperación e difusión do patrimonio musical e poético galego, membros do grupo musical “A Quenlla” e antigos compoñentes de “Fuxan os Ventos”.

Nas súas intervencións, viaxaremos polos camiños da cultura da Galiza escoitando poemas musicados de algúns dos principais poetas da literatura galega, coma os falecidos Manuel María e Celso Emilio Ferreiro, ou dos aínda vivos Xosé Luís Méndez Ferrín ou Darío Xohán Cabana. Mesturaremos a palabra literaria e a canción protesta dos anos 70 cos cantos tradicionais galegos e os “cantares de cego” recolectados por Mini e Mero nun labor que lles valeu o recoñecemento e a estima do país galego.

Todas as intervencións serán de entrada franca.

Mércores 18 de agosto / 14:00 h

“Poesia e musical tradicional galegas: uma aproximaçao” (palestra e recital poético)

Prédio de Filosofia - Av. Prof. Luciano Gualberto, 315 - sala 8 / Cidade Universitária

Xoves 19 de agosto / 17:00 h

“Poesia e música galegas hoje e sempre” (sarao poético-musical)

Casa das Rosas - Av. Paulista 37

Venres 20 de agosto / 20:30

“Poesia e música galegas hoje e sempre” (sarao poético-musical)

Sociedade Hispano-Brasileira de Sao Paulo - Rua Ouvidor Portugal 541, Vila Monumento

Vémonos alá!

Encontro de lector@s de galego en Compostela
Aproveitando o descanso no calendario lectivo, e o feito de que moit@s dos lector@s están en Galiza durante os primeiros días do mes de agosto, celebrarase un encontro de lector@s de lingua, literatura e cultura galega.

Este encontro servirá para pór en común experiencias e analisar a situación dos lectorados e dos CEG no exterior.

O encontro terá lugar na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes), en Compostela, o próximo martes 3 de agosto ás 17:00 horas.

Esperamos a vosa presenza.

Literatura e tradución en Kiel
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel acaba de publicar dous novos libros. Por un lado a antoloxía de poesía galega en edición bilingüe (galego–alemán) Ein Rosenfeuer, das uns verstört: 4 dichter aus Galicien / 4 poetas galegos (Ludwig Verlag, Kiel) e por outro a antoloxía de textos xacobeos Alá no noroeste… Unha cartografía literaria do Camiño en León (Lobo Sapiens, León) (máis información).

Hoxe terá lugar na cidade alemá de Kiel a presentación oficial dos dous volumes dentro do simposio internacional “Ciudades imaginarias – ciudades en la historia. La geografía literaria de Gonzalo Torrente Ballester y otros escritores de Galicia” que se vai celebrar en Kiel entre o 1 e 3 de xullo. Neste simposio que vai reunir a profesores de Galicia e do resto de España, Alemaña, Suíza e Francia analizarase a obra narrativa do autor galego e doutros autores contemporáneos nacidos en Galicia como por exemplo Álvaro Cunqueiro, Domingo Villar, Manuel Rivas, Inma López Silva, María Lado… aproveitando o primeiro centenario do autor ferrolán.

A antoloxía de poesía galega leva no título un verso de Antón Avilés de Taramancos sobre Rosalía de Castro (Un incendio de rosas que nos perturba) e inclúe a catro autores galegos: Miguel Anxo Fernán-Vello, Xulio L. Valcárcel, Xosé María Álvarez Cáccamo e Manuel Rivas. O libro, editado polos profesores  Javier Gómez-Montero (Universidade de Kiel) e Luciano Rodríguez (Universidade de A Coruña) é unha escolma de textos nos que os catro autores dannos a súa visión sobre a realidade do home contemporáneo, sobre Galicia, a súa paisaxe, o mar pero sen esquecer os traumas colectivos causados pola súa historia máis recente e as cidades coa súa cultura de masas. A tradución do galego ao alemán realizouse dentro do Taller de Tradución Literaria da Universidade de Kiel, baixo a dirección do Dr. Víctor Andrés Ferretti, Frank Nagel e a Dr. Petra Strien-Bourmer.

Alá no noroeste… Unha cartografía literaria do Camiño en León é unha escolma de textos, contos, relatos de viaxe e poemas sobre a topografía xacobea en León e Galicia, obra de escritores galegos e leoneses. Estes textos, ás veces textos de ficción e outros de vivencia persoal cartografan o paso do Camiño Francés polo occidente peninsular e fan do Camiño un territorio sentimental polo que van transitar escritor e lector. Esta é a tradución do libro presentado en castelán no ano 2009, Allá en el noroeste… Una cartografía literaria del camino en León, tamén publicado pola editorial Lobo Sapiens e editada polo coruñés Javier Gómez-Montero, catedrático de literatura na Universidade de Kiel.

www.uni-kiel.de/ceg

A primavera de Varsovia
Este inverno foi duro nas terras do Norte.

Había ben tempo que a memoria da neve non rexeitaba con tanta teima o abandono definitivo das paisaxes. Tivo que chegar unha banda chegada dos confíns da antiga Gallaecia, e ao seu abeiro se reuniren alumnos de galego e profesores desta lingua para recibir a chegada da que sen dúbida será lembrada como a Primavera de Varsovia.

Os lectores (en galego non hai xénero) de galego de Kiel, Berlín, Tubinga, Varsovia e Heidelberg reuníronse por vez derradeira esta pasada fin de semana en Varsovia para convocar a chegada do bo tempo e conxurar o inverno. Conseguírono. O antídoto definitivo contra a vertixe da friaxe tróuxoo a banda Ataque Escampe coa súa música de veludo de camariñas e letras de amor irónico e sentido. Nunca poderemos dicir que a chegada da luz foi responsabilidade única do grupo galego, tampouco que foi cousa exclusiva dos lectores nin dos alumnos ou o público, probablemente foi debida a unha conxunción de tódalas cousas, máis a ledicia e o bo facer de organizadores e participantes. Galicia es una mierda, Alcatraz, Serafín, foron algún dos temas tocados durante o concerto. Foi, sen dúbida, un éxito. Podemos dicir co peito alto dabondo que todos xuntos trouxemos a luz á Primavera de Varsovia despois de tan longo inverno.

É tradición xa que os lectores de galego de Alemaña e Polonia (repito que en galego non hai xénero, o xénero póñeno outros) se reúnan dúas veces ao ano para debater sobre as súas respectivas situacións, organizar actividades conxuntas e realizar propostas de traballo. Esta unión deu os seus froitos e podemos falar xa dunha irmandade xermano-eslava. Como brillaba o sol en Varsovia, carallo. De gris non tivo nada a capital polaca. Como tocaron os de Ataque Escampe, daba gloria escoitalos. Se os de Eurovisión puideran conectar o sábado en directo co local Lorelei da rúa Widok 8 de Varsovia unha nova luz agromaría nos pobos de Europa.

Catro dos cinco lectores de galego (que non hai, home, que non hai xénero) acaban este verán o seu labor docente como tales. Por esta razón a reunión tivo un arroubo especial. O lector que queda pode dicir que aprendeu moito dos que se van e espera estar á altura.

Cando llo contas á xente mírante con cara rara: Ataque Escampe trouxo a primavera a Varsovia. Tocaron alá o sábado pasado con motivo dunha reunión de traballo dos lectores de galego da irmandade xermano-eslava. Había unha alumna polaca que poñia medo como falaba galego. Leu trinta libros en galego que comprou nunha estancia de dúas semanas nunha aldea de Galicia. En Polonia hai unha interesante canteira de estudantes da nosa lingua (vedes como non hai xénero).

Non sabemos aínda a que cidade teremos que levar de novo a luz ao fin do próximo inverno. Tampouco sabemos cando lle pagarán á lectora de Varsovia (leva case un ano sen cobrar, a de lector non é vida doada). Mais a conxunción dos astros será outra volta propicia. E que chova. Para que Escampe.

Diego

Reportaxe das actividades de abril e maio en Lisboa
As actividades dos meses de abril e maio comezaron co ciclo de documentais Olhares da Fronteira.

O ciclo celebrouse nun dos centros culturais máis dinámicos da zona antiga da cidade, O Centro Mário Dionísio, nunha aposta por axudar á dinamización do barrio da Mouraria, e por axudar á difusión da cultura galega fóra do ámbito universitario.

Numeroso público acompañou as proxeccións dos documentais Galegos de Cá e Lá e Mulleres da Raia e os animados debates que se realizaron a continuación, os cales axudaron a coñecer a cultura transfronteiriza das terras da raia.

Arredor do día das Letras Galegas, continuou o intercambio cultural entre Galiza e Portugal en Lisboa. Unha iniciativa musical: a actuación do grupo de música tradicional Os Estalotes, trouxo moita festa á Xuventude de Galicia- Centro Galego de Lisboa.

A continuación houbo un convivio de músicos tradicionais galegos e portugueses na Casa da Comarca da Sertã, onde as diferentes sonoridades das pandeiretas, adufes e gaitas de diferentes procedencias  animaron o Terreiro do Gaiteiro até ben entrada a noite. Fica aquí un pequeno video do momento.

A literatura tampouco ficou fóra nas actividades destes meses, ao celebrarse na Xuventude de Galicia unha conferencia impartida polo lector de galego sobre a figura de Uxío Novoneyra, a conversa foi acompañada de poemas musicados ou recitados polo propio escritor.

Páxina web do Centro Irlandés de Estudos Galegos
Xa está lista a páxina web do Centro Irlandés de Estudos Galegos na que podedes acceder a información relativa á historia do Centro, á docencia e ás actividades organizadas, así como á consulta do catálogo da biblioteca e ligazóns de interese. Centro Irlandés de  Estudos Galegos

En Tübingen estreamos blog de aula!!
Ola a todas!

Escríbovos para vos anunciar a estrea dun novo blog de aula: GALICINGEN.

Podédesnos visitar e deixar os vosos comentarios. Axudarédesnos a mellorar os nosos textos.

Estades todas convidadas!

Graciñas.

Un saúdo dende Galicingen para o Planeta Gale!!

Carlos Callón en Barcelona
Conferència

Como desmantelar a oficialidade dunha lingua: situación e retos do galego

Carlos Callón (Ribeira, 1978) preside a Mesa pola Normalización Lingüística desde o ano 2002 e o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL) desde 2008, e participou activamente no impulso da plataforma Queremos Galego, da cal é un dos portavoces.

Licenciado en filoloxías galega e portuguesa, publicou diversas investigacións sobre sociolingüística e literatura -materias sobre as cales é un prolífico conferenciante- salientando Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela (A Nosa Terra, 2005). O seu último libro, En castellano no hay problema (Xerais, 2010), analiza a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Amais de colaborar con asiduidade en varios medios de comunicación, mantén o blog persoal www.carloscallón.com

Xoves, 20 de maio ás 13h00

Aula 105  Facultat de Filosofia i Lletres

Universitat Autònoma de Barcelona

Organitzen: Lectorat de Gallec, UAB || Filologies Gallega i Portuguesa, UB

Col·laboren: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia || Rede.cat

Día das Letras Galegas e Diada de Sant Jordi en Kiel
Hoxe celebramos no Seminario de Linguas e Literatura Románicas da Universidade de Kiel o Día das Letras Galegas e a Diada de Sant Jordi. Aquí tedes o cartel.

Contamos coa participación do poeta e tradutor catalán Jordi Jané que falou sobre a tradución de literatura alemá ao catalán.

E tamén coa do coro do Seminario, formado por profesoras e estudantes.

Case toda a presentación correu a cargo das estudantes dos lectorados de catalán e galego que fixeron presentacións sobre o significado destes dous días así como da figura do poeta Uxío Novoneyra.

Para rematar fixeron unha pequena lectura en catalán/galego e alemán. As traducións fixéronas elas mesmas nos cursos avanzados de catalán e galego.

Despois do acto os estudantes tiveron a oportunidade de alimentar o corpo e a mente comendo algo, falando co autor invitado, e botándolle unha ollada aos libros galegos e cataláns expostos, ademais de poder elixir e levar algunha das moitas poesías de Uxío Novoenyra repartidas polo Seminario.

O túnel da portabilidade
Poeta, narrador, autor dramático, actor, xornalista… Antón Lopo, un dos artistas máis innovadores da escena contemporánea galega, visitará esta quinta feira o Campus de Bellaterra.

O túnel da portabilidade é o título da conferencia coa que o autor de Ganga nos achegará á súa obra.

Xoves, 13 de maio ás 15h00

Aula 107 Facultat de Filosofia i Lletres

Universitat Autònoma de Barcelona

Organizan: Lectorat de Gallec, UAB || Filologies Gallega i Portuguesa, UB.

Colaboran: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia || Rede.cat

Haberá Estalotada en Lisboa
Na semana das letras galegas Os Estalotes actuarán na cidade do Tejo.

O coñecido grupo de música tradicional galega, levará á capital portuguesa a súa animada música de rúa, que ten como característica principal e diferenciadora o canto.

Desta vez, Os Estalotes trocarán o compostelán barrio de San Pedro, lugar habitual das súas actuacións, para dinamizar varios espazos da zona antiga de Lisboa.

A iniciativa xurdiu dunha colaboración entre a Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa e o C.E.G. da Universidade Nova de Lisboa.

Dúas actuacións están previstas no sábado 15 de maio, unha primeira na Xuventude de Galicia, ás 18:30, e a seguir, haberá un Terreiro do Gaiteiro, serán de gaiteiros galego-portugueses, que se celebrará das 21:30 en adiante na Casa da Comarca da Sertã.

Yolanda Castaño no festival “Brücke 2010″
Os vindeiros días 12-15 de maio celébrase en Berlín o Festival Hispano-Alemán de Poesía Moza “Brücke 2010″ coa participación da poetisa galega Yolanda Castaño, que intervirá en dúas ocasións: o mércores 12 ás 10 h. na Universidade de Potsdam cun recital poético e o venres 14 ás 19 h. na Literaturwerkstatt cun recital multimedia que fusiona poesía galega e música.

No seguinte enlace podedes consultar toda a información sobre o festival:

http://brucke2010.blogspot.com

Novoneyra, a distancia do lobo
A Secció de Gallec i Portugués da Universidade de Barcelona organiza unha serie de actividades de homenaxe a Uxío Novoneyra (O Courel, 1930 –Compostela, 1999), o autor das Letras Galegas 2010.

O vindeiro 13 de maio desenvolverase a conferencia “Novoneyra, a distancia do lobo”, a cargo do escritor e xornalista Antón Lopo, que vén de publicar Distancia do lobo. Unha biografía de Uxío Novoneyra (2010).

Asemade, dende o 10 ao 21 de maio de 2010 expoñerase nas vitrinas da Biblioteca General da Facultat de Filologia da UB unha mostra bibliográfica arredor da figura de Uxío Novoneyra, que leva por título “Uxío Novoneyra e a poesía experimental en Galicia”.

Máis información en http://www.ub.edu/filgalport/

Pradolongo em Braga
A Televisión Galega fíxose eco da estrea de Pradolongo en Portugal