En Tübingen

En Tübingen estreamos blog de aula!!

In: Tübingen

Ola a todas!
Escríbovos para vos anunciar a estrea dun novo blog de aula: GALICINGEN.
Podédesnos visitar e deixar os vosos comentarios. Axudarédesnos a mellorar os nosos textos.
Estades todas convidadas!
Graciñas.
Un saúdo dende Galicingen para o Planeta Gale!!

Nesta fin de semana xuntámonos as lectoras e lectores de Berlin, Kiel, Heidelberg, Varsovia e Tübingen, para programarmos actividades en conxunto, resolver dúbidas, analizar o noso traballo actual e propor alternativas ao descenso do alumnado de galego.
Foron uns días de moito traballo, comunicación e distensión inter-lectoral en Mitteleuropa. Graciñas, compas!
Agardamos as crónicas doutras xuntanzas de [...]

Xornadas de traballo en Zadar

In: Padova, París, Roma, Tübingen, Zadar

Os días 12 e 13 de xuño de 2009 os CEGs de Tubinga, París, Zadar, Roma e Padua participaron nunhas xornadas de traballo que tivo lugar na universidade croata co obxectivo de discutir cuestións sobre o ensino e promoción do galego.
Así, falouse da importancia de colaboración entre os centros, do funcionamento dos mesmos e dos [...]

Aprendemos dos alumnos

In: Tübingen

Esta tarde o lector de Trier e mais eu, tivemos o pracer de ir visitar Balingen, nos arredores de Tübingen, para pasear e conversar con Ingmar Seiwerth, un activista a prol da cultura sueba, gaiteiro e artesán. Alén diso, Ingmar é membro dunha asociación cultural (que conta con máis de 120 000 socios -só [...]

Poetas en Heidelberg e Tübingen

In: Heidelberg, Tübingen

Seica hai movemento e actividades nos lectorados de Alemaña. Se a outra semana tivemos historias e humor, nesta tocou poesía e literatura.
Nesta semana pasada vimos de celebrar en Heidelberg e Tübingen as xornadas MIL PRIMAVERAS MÁIS, onde falamos sobre literatura e organizamos recitais poéticos, traducións do galego ao alemán, un encontro cun grupo de poetas [...]

1000 primaveras máis!!!

In: Tübingen

En Tübingen (aínda coa resaca da marabillosa actuación de Quico e da película Pradolongo) pecharemos a próxima semana as xornadas 1000 primaveras máis!!! con mesas redondas e actuacións de poetas mozos galegos, cataláns e alemáns. Ademais, o luns visitarán Heidelberg.
Os poetas galegos son: Elvira Riveiro, Isaac Xubín, Iago Castro e Xabier Xil.
Os poetas cataláns: Jaume [...]


Quico Cadaval en Tübingen

In: Tübingen

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Tübingen está a organizar nestas semanas unhas xornadas tituladas MIL PRIMAVERAS MÁIS. Nestes días atrás houbo tres proxeccións da película Pradolongo, nesta semana haberá unha sesión cun contador de historias e na vindeira semana teremos un encontro con novos poetas galegos e cataláns.
A actuación de Quico Cadaval [...]

Pradolongo en Tübingen

In: Tübingen

En Tübingen vaise proxectar este serán o filme galego Pradolongo, e contaremos coa presenza do seu director, Ignacio Vilar, para un coloquio cos asistentes.
Será hoxe ás 20.30h. e o vindeiro mércores, 29 de abril ás 18.00h. no Kino Museum de Tübingen.
Ademais, tamén haberá un pase en Stuttgart mañá, venres 24, ás 20:00 h. no [...]

Quico Cadaval en Alemaña

In: Tübingen

A vindeira semana os Centros de Estudos Galegos de Alemaña contaremos coa presenza de Quico Cadaval.
O contacontos galego estará de xira para compartir cos nosos alumnos e alumnas a súa visión da literatura de tradición oral galega. Estas son as datas das súas actuacións:
- O luns 4 (Berlín),
martes 5 (Tübingen)
e xoves 6 (Heidelberg).
Aquí abaixo podedes [...]

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Setembro 2010
L M M X V S D
« Ago    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930