O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O 27 de maio chegaron a Cork Chus Pato e Marilar Aleixandre. As dúas poetas, que viñan de participar en Dublín no acto de promoción do libro To the Winds our Sails, Irish writers translate Galician poets, visitaron a UCC e mais o Centro Irlandés de Estudos Galegos antes de achegarse ao recital.
Marilar e Chus [...]
Xa está lista a páxina web do Centro Irlandés de Estudos Galegos na que podedes acceder a información relativa á historia do Centro, á docencia e ás actividades organizadas, así como á consulta do catálogo da biblioteca e ligazóns de interese. Centro Irlandés de Estudos Galegos
A piques de rematar a actividade lectiva na University College Cork queremos presentarvos a xeito de memoria as actividades en que o Centro Irlandés de Estudos Galegos estivo implicado durante o que vai de ano.
Durante os días 22 e 23 de xaneiro celebrouse na University College Cork, en colaboración co Centro de Estudos Irlandeses [...]
O organismo encargado da promoción do irlandés en Irlanda comezou tamén recentemente a súa expansión polas universidades do mundo. Serán 13 centros de ensino, a maior parte deles no Reino Unido e en Norteamérica —onde se concentran as principais comunidades de emigrantes irlandeses—. O máis interesante é que as dúas cantidades maiores (máis de 200.000€ [...]
A semana pasada celebrouse o congreso anual da AHGBI (Asociación de Hispanistas de Gran Bretaña e Irlanda) na Queen’s University of Belfast.
Isto non tería particular interese para os lectorados de galego se non fose pola cada vez máis notoria presenza dos galeguistas nesta xuntanza anual. Na cita deste ano, o panel galego contou cun total [...]
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.