En Lisboa

As actividades dos meses de abril e maio comezaron co ciclo de documentais Olhares da Fronteira.
O ciclo celebrouse nun dos centros culturais máis dinámicos da zona antiga da cidade, O Centro Mário Dionísio, nunha aposta por axudar á dinamización do barrio da Mouraria, e por axudar á difusión da cultura galega fóra do ámbito universitario.

Numeroso [...]

Haberá Estalotada en Lisboa

In: Lisboa

Na semana das letras galegas Os Estalotes actuarán na cidade do Tejo.
O coñecido grupo de música tradicional galega, levará á capital portuguesa a súa animada música de rúa, que ten como característica principal e diferenciadora o canto.
Desta vez, Os Estalotes trocarán o compostelán barrio de San Pedro, lugar habitual das súas actuacións, para dinamizar varios [...]

De aquí a pouco comezará na Casa da Achada-Centro Mário Dionísio a mostra de documentais Olhares da Fronteira, ofrecendo diferentes visións sobre a fronteira entre Galiza e Portugal.

A “Raia”, que só recentemente deixou de existir, condicionou durante moito tempo a relación entre dous pobos que compartían a mesma lingua e cultura. Esta é unha realidade próxima para os [...]

No próximo venres 19 de Febreiro retómanse en Lisboa as Aulas Abertas.

Contaremos nesta ocasión coa presenza de Alberte Bautista como convidado. O profesor berciano da Universidade Lusófona falaranos da situación da lingua galega na comarca do Bierzo.
A actividade, que tivo que aprazarse antes do nadal, comezará ás 17:30 na Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, [...]

Comezo das aulas abertas en Lisboa

In: Lisboa

Antonio Mira, Lector de Galego no CEG de Faro, inaugurou a programación de aulas abertas do Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa.

Baixo o tema de Literatura Galega e Sexo, A. Mira foi facendo unha análise do tratamento deste asunto ao longo dos diferentes períodos da produción literaria galega. Centrouse na mudanza de [...]

Na sede desta asociación de apoio ao inmigrante, situada nun belo edificio pombalino da Baixa Lisboeta, celebrouse o sábado 5 de decembro unha cea da Galiza, dentro da súa programación de encontros interculturais.
Ademais do apoio de Solidariedade Imigrante, e a colaboración de voluntarias da asociación como Clarance e Ana, o evento contou coa presenza de [...]

Noite galega no Bacalhoeiro. A reportaxe

In: Lisboa

Un moi bo recordo deixou en Lisboa a festa de peche no Bacalhoeiro da I Xuntanza da Xuventude Galega Europea.
A noite, neste local da Rua dos Bacalhoeiros, comezou cunha cea protagonizada polo Bacalhao com natas e continuou coa proxección da curtametraxe/documental Bata por fóra muller por dentro, presentada pola propia directora Claudia Brella, [...]

A capital portuguesa acollerá na próxima fin de semana o I Encontro da Xuventude Galega Europea en Lisboa.
Esta asociación - www.xuga.eu - presta apoio aos galegos que viven no exterior compartindo información e experiencias. Tamén está aberta a persoas que sen ser galegas, teñan algún tipo de afinidade co noso país, co fin de facilitar [...]

Para celebrar o comezo do curso, e axudar á difusión da asignatura Língua e Literatura Galega entre os alumnos, O Leo i Arremecaghona trouxo até a Universidade Nova de Lisboa toda a transgresión do seu punk.
Pode ser que fose a primeira vez que O Leo actuaba nunha universidade… só sei que na terraza central [...]

Nas datas arredor do Día Europeo das Linguas (26 de setembro), estivo á mostra na entrada da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, unha selección das fotografías participantes na cuarta edición deste concurso organizado entre a SPXL e o portal de noticias Vieiros.com
A exposición, que contou coa axuda de [...]

Actuación de Marful en Lisboa no 17 de maio

In: Lisboa

Para celebrar o Día das Letras, o Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa aproxima a música galega á cidade do Tejo, organizando en colaboración coa Fábrica Braço de Prata unha actuación de Marful.
O concerto, que será de entrada libre, terá lugar nas instalacións desta antiga fábrica de armas e agora espazo multidisciplinar [...]

O próximo luns, 27 de abril, vai haber unha conversa con Xaquín Núñez Sabarís, profesor da Universidade do Minho e coautor do manual Aula de Galego, recurso didáctico que está sendo utilizado para a aprendizaxe de galego como lingua estranxeira por bastantes estudantes dos Centros de Estudos Galegos de todo o mundo.
Xaquín, especialista en didáctica de [...]

Expolíngua

In: Lisboa

A lingua galega estivo presente na Expolíngua Portugal - Salão Português de Línguas e Culturas, celebrada entre o 4 e 6 de marzo no Centro de Congressos de Lisboa, situado ao pé da Ponte 25 de Abril no barrio lisboeta de Alcântara.
A mostra, que tiña como lingua convidada a Lusofonía, está dirixida principalmente a un [...]

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Xullo 2010
L M M X V S D
« Xuñ    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031