O Planeta do Galego como Lingua Estranxeira
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Kiel acaba de publicar dous novos libros. Por un lado a antoloxía de poesía galega en edición bilingüe (galego–alemán) Ein Rosenfeuer, das uns verstört: 4 dichter aus Galicien / 4 poetas galegos (Ludwig Verlag, Kiel) e por outro a antoloxía de textos xacobeos Alá no noroeste… Unha [...]
Hoxe celebramos no Seminario de Linguas e Literatura Románicas da Universidade de Kiel o Día das Letras Galegas e a Diada de Sant Jordi. Aquí tedes o cartel.
Contamos coa participación do poeta e tradutor catalán Jordi Jané que falou sobre a tradución de literatura alemá ao catalán.
E tamén coa do coro do Seminario, formado por [...]
Hoxe vainos visitar no Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel o escritor cubano Carlos Martí. Vai presentar o libro Ferrol-La Habana: narrativas de la memoria. É un acto organizado polo Centro de Estudos Galegos xunto coa Sociedade Cultural Latinameriacana, SOCULA.
Na conferencia o escritor cubano falará sobre as relacións entre Galicia [...]
A “Semana Naval” (Kieler Woche) vénse celebrando en Kiel dende o ano 1882. Nun principio tratábase só dunha regata na que participaban uns 20 iates, pero xa daquela conseguía reunir a xente de diferentes países.
Co paso dos anos, a festa foise estendendo e hoxe en día ocupa xa toda a cidade. Ademais das regatas os [...]
Do 4 ao 13 de maio o CEG de Kiel colabora na organización, xunto co Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel, do “Programa Intensivo Urbes Europeae” que se vai celebrar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Este seminario xorde do traballo conxunto de diferentes universidades europeas: CAU de [...]
A pasada fin de semana o CEG da Universidade de Kiel organizou unha xuntanza de tradutores na illa frisia de Sylt. Durante tres días (do 23 ao 25 de abril) as/os estudantes de Filoloxía hipánica e do CEG de Kiel, tiveron a oportunidade de traballar xunto con tradutores profesionais. Traduciron textos de Álvaro Cunqueiro, John [...]
Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.