O Centre de Recherches Interdisciplinaires sur les Mondes Ibériques Contemporains, CRIMIC, organiza co apoio do Centro de Estudos Galegos de Paris o coloquio internacional sobre Manolo Rivas e Suso de Toro Deux voix de la littérature galicienne. O evento terá lugar na Maison de la Recherche de París IV (28, Rue Serpente- 75006) os días 11 e 12 de Marzo de 2010 de 9h00 a 19h00. Podedes ver os horarios das conferencias nas páxinas 14 e 15 do programa: PROGRAMA

Hoxe mesmo chega a terras galesas a aclamada novelista, tradutora literaria e activista galega María Reimóndez, poñendo en marcha o segundo programa da RESIDENCIA DE ESCRITORAS/ES GALEGAS/OS organizado polo Centro de Estudos Galegos en Gales (Universidade de Bangor).
María será a protagonista de diferentes actos celebrados en Bangor, Liverpool e Londres: ditos eventos inclúen unha conferencia impartida pola autora na Universidade de Bangor sobre xénero e tradución , lecturas da súa obra “Pirata” no Centro de Estudos de Escritoras Contemporáneas (da Universidade de Londres) e unha mesa redonda con Cymdeithas Cifieithwyr Cymru (a Asociación de Tradutoras/es e Intérpretes Galesas/es).

Para máis información: http://www.bangor.ac.uk/ml/galician/documents/ProgramaReimondezgalego-1.pdf

Xornal

Antes da súa presentación en Londres, que tivo lugar onte na librería Foyles, dentro do Harvill Secker International Writer’s Day, unha conferencia onde se recoñece a presenza da literatura contemporánea internacional en inglés, Manuel Rivas e o seu tradutor, Jonathan Dunne pararon en Oxford o pasado venres para presentar ás cinco da tarde no Ashmolean Museum a versión en inglés da novela do escritor coruñés Os libros arden mal.

Está publicada por Harvill Secker e Random House, e foi realizada por Jonathan Dunne, un tradutor e editor inglés, aínda que residente en Bulgaria, que xa traducira outras obras de Rivas ao inglés como O lapis do carpinteiro ou Do descoñecido ao descoñecido.

A presenza de Rivas e Dunne en Oxford debeuse á colaboración da editora Random house co Centro de Estudos Galegos de Oxford, dirixido polo doutor e académico honorario da RAG, John Rutherford. O centro, que funciona desde o ano 1991, tamén volcou ao inglés unha escolma de relatos de Rivas dentro do seu obradoiro de tradución, formado por profesionais galegos e ingleses e coordinado por Rutherford. Esta selección de literatura galega traducida ao inglés titulada From the Beginning of the Sea (Desde o comezo do mar) está publicada pola editora Foreign Demand, dirixida polo galego Xelís de Toro.

BAIXO A BANDEIRA DO TOXO

A presentación do venres tivo lugar nunha sala do museo, decorada con ramas de toxo, a planta fetiche de Rivas, onde se xuntaron setenta persoas para escoitar o relato do autor sobre as orixes da súa literatura.

O acto comezou coa lectura dun extracto do libro en galego, e despois outra lectura diferente en inglés, logo seguiu o que en principio pretendía ser unha entrevista, pero que polas vizosas respostas do autor, resultou nunha marea de relatos e narracións do autor, guiados polo doutor John Rutherford, facendo o traballo de capitán.

En primeiro lugar, Rutherford preguntoulle sobre as orixes do libro. Manuel Rivas, coa axuda de Jonathan Dunne, improvisando unha interpretación consecutiva, explicou que o libro naceu como necesidade de darlle voz a unha memoria silenciada. Guiado polos fíos do pensamento, Rivas explicou que o libro, sendo unha historia humana, naceu como unha forma de contar, a través dos personaxes un momento na historia de España pouco estudado.

A queima de libros é unha memoria da que se escapa, da que non se fala, e Rivas considera que é preciso recuperar e darlle voz a esas memorias. A memoria foi a parte fundamental do discurso de Rivas, xa que para el está na propia orixe da literatura, na Odisea, no reencontro entre Ulises e o seu pai, onde só grazas á memoria houbo recoñecemento. A Coruña tamén foi protagonista, como centro desa mestura local-universal que é a novela. Manuel Rivas falou da cidade-libro que era A Coruña antes da guerra, e da Coruña que coñeceu cando neno. Falou do faro como horizonte, posto que ao ter o cemiterio a un lado e o cárcere ao outro do seu terreo de xogo, o faro, a proa dese gran barco de pedra que e A Coruña, conformou a súa alternativa, a dirección, a orixe e horizonte do seu pensamento desde pequeno.

A familia foi outro tema importante do seu discurso, Manuel Rivas falou dos seus avós. O seu avó cazador de xornais, que lía e falaba sen parar, e o seu outro avó, mudo e calado, que só dicía: “Boh”. Pero se entendían, porque no fondo, sabían que un falaba tanto e o outro tan pouco porque aos dous lles roubaran as palabras. Rivas quixo afondar tamén na necesidade de poñer a memoria silenciada na boca da literatura, de darlle forma de libro. E falou de cando el sentiu por vez primeira a voz da boca da literatura, cando o Roxo, un compañeiro de clase, respondeulle a mestra que lle preguntara que quería ser de maior dicindo: “Emigrantes”.

A boca da literatura na voz da nai, que falaba con distintas voces a soas, ante a fascinacion dos seus fillos e unha certa anguria de que a súa nai saíse voando en calquera momento. John Rutherford, capitán da marea de historias que Manuel Rivas lle regalou á audiencia de Oxford, preguntoulle, por que, aínda que a novela fala da queima, e fala desa memoria amarga de cinza, no libro hai tantos sorrisos. Non risos, pero abondosos sorrisos. “No teu libro, todo o mundo sorrí”, dixo.

“A ironía –contestou Rivas– é a gran arma do mundo moderno, unha mestura entre morriña e humanidade, por iso, o sorriso como estratexia”. En Oxford queda a memoria da vista de Manuel Rivas e Jonathan Dunne á cidade dos colexios e os libros.

MANUEL RIVAS en OXFORD

22 02 pm Dende Oxford

O escritor coruñés Manuel Rivas visitará Oxford este venres para falar da tradución ao inglés d’Os libros arden mal.

Ademais de Manuel Rivas contaremos coa presenza do tradutor ao inglés da novela, Jonathan Dunne, e do director do centro de estudos galegos, o Dr. John Rutherford.

Esta conferencia-entrevista-charla celebrarase no Ashmolean Museum as 5p

Conferencia a cargo do profesor Javier Gómez Montero que se desenvolverá o vindeiro mércores 17 de febreiro ás 16:30h na Facultat de Filologia da UB. Organizan os lectorados das dúas universidades de Barcelona (Universitat de Barcelona e Universitat Autònoma de Barcelona).

Javier Gómez Montero (A Coruña, 1958), profesor no Seminario de Linguas e Literaturas Románicas da Universität Kiel, en 2007 creou o Centro de Estudos Galegos da súa universidade. Coordinou o libro A cartografía literaria do camiño de Santiago, unha antoloxía de textos de escritores tan coñecidos como Álvaro Cunqueiro, Suso de Toro, Manuel Rivas ou Carlos Casares, nos que se fai referencia a paisaxes da senda xacobea. Podemos destacar outras publicacións como: SYM CITY 1 (1992), Urbes Europaeae. Modelos e imaginarios urbanos para el siglo XXI (2007), Memoria literaria de la Transición española (2007) e Cartografía literaria del Camino de León (2009).

Máis información en www.ub.edu/filgalpot

No próximo venres 19 de Febreiro retómanse en Lisboa as Aulas Abertas.

Contaremos nesta ocasión coa presenza de Alberte Bautista como convidado. O profesor berciano da Universidade Lusófona falaranos da situación da lingua galega na comarca do Bierzo.

A actividade, que tivo que aprazarse antes do nadal, comezará ás 17:30 na Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, e tamén incluirá a proxección do documental Fronteiras, de Rubén Pardiñas, sobre os diferentes puntos de vista acerca do galego falado fóra das fronteiras de Galiza.

Curso Livre de Galego B1 em Braga

03 02 pm Dende Braga
O Centro de Estudos Galegos do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho informa de que vai abrir o praço para a inscrição no Curso Livre de Galego (Nível B1) a partir do 1 de Fevereiro. O curso dará começo no 2 de Março em horário:
 
Terça-feira: 18h - 20h
 
Quarta-feira: 18h - 20h
 
Este curso tem uma duração de 50 horas. Ao estar subsidiado pelo Governo Galego, está isento de propinas e unicamente haverá de pagar a inscrição: 35 euros.
 
 
 
Ademais, desde o ano passado estão a se celebrar na Universidade do Minho as provas para a obtenção do Certificado oficial de Língua Galega (CELGA). Este certificado é requisito imprescindível para muitos postos de trabalho na Galiza, nomeadamente os relativos à Administração Pública, Educação, Serviços de Saúde, etc.
 
Mais informação sobre o CELGA: http://www.xunta.es/linguagalega/celga
 
O praço para se inscrever nestas provas acaba no 25 de Março e os exames terão lugar nas seguintes datas: 22, 23, 29 e 30 de Maio de 2010, para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente.

 

Haverá outra convocatória de provas para o mês de Novembro de 2010.

 

Haverá outra convocatória de provas para o mês de Novembro de 2010.

 

Haverá outra convocatória de provas para o mês de Novembro de 2010.

Haverá outra convocatória de provas para o mês de Novembro de 2010.

 

 

Os Cursos Livres de Galego do Instituto de Letras e Ciências Humanas da Universidade do Minho são de utilidade para quem pretende realizar as provas de obtenção do CELGA.
 
 
Para qualquer informação, podem escrever um mail para:
 
 
 

Agradece-se a divulgação desta informação.

 

Debate sobre a implantación do novo decreto

27 01 pm Dende Barcelona

A plataforma Prolingua, en colaboración coa plataforma galego-catalá Defensem la llengua gallega, presenta en Barcelona o libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Análise dos prexuízos que difunden os inimigos do idioma (Editorial Laiovento), na que intervirán Pere Comellas (especialista en plurilingüismo e profesor da UB), Sabela Labraña (especialista en sociolingüística e profesora da UB), Xiana Díaz (representante da plataforma Defensem la llengua gallega) e Paulo Filgueiras (especialista en normalización lingüística e profesor da UAB).

Neste acto debateranse os aspectos conflitivos que envolven a implantación do novo decreto que regula o emprego da lingua galega no ensino público. As súas bases foron analizadas exhaustivamente nun informe publicado pola Real Academia Galega e rexeitadas por boa parte da sociedade galega na folga xeral masiva do 21 de xaneiro pasado.

O libro será presentado simultaneamente nas principais cidades e vilas galegas, en diversas cidades do Estado español e nun importante número de cidades do mundo como Lisboa, Londres, París, Nova York, Bruxelas, Tel Aviv, Cork, Bos Aires ou Copenhagen.

Máis información aquí

O vindeiro venres 5 de Febreiro de 2010 ás 18h30 terá lugar na sala 420-B do Centro Censier da Universidade de Paris 3-Sorbonne Nouvelle a presentación do manual 55 mentiras sobre a lingua galega.

O libro coeditado pola Plataforma Prolingua e a editorial Laiovento foi coordinado polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

O acto organizado por Prolingua na capital francesa será conducido polo profesor da Universidade de Santiago de Compostela Antón Figueroa e o profesor de CICC da Universidade de Paris 10 Marcos Giadas.

EXPOLANGUES PARIS 2010

26 01 pm Dende París

Un ano mais celébrase en Paris o evento Expolangues, que leva 25 anos promovendo a aprendizaxe das linguas, defendendo o plurilingüismo e animando as mudanzas internacionais.

Desde o Centro de Estudos Galegos de Paris queremos convidarvos a asistir ao evento, a descubrir o galego nunha clase de demostracion e a visitar o stand da lingua galega para informarvos sobre o estatuto da lingua galega, sobre onde podedes aprender galego en Paris e sobre as actividades relacionadas coa lingua galega nas que podedes participar en Paris.

Pradolongo en Braga

15 01 pm Dende Braga

O día 17 de abril estréase por primeira vez en Portugal o filme galego Pradolongo. O evento terá lugar na cidade de Braga, nos Cinemas Cinemax, e contaremos coa presença do director do filme, Ignacio Vilar, da actriz Tamara Canosa e dos actores Rubén Riós e Roberto Porto. O filme permanecerá na carteleira bracarense durante unha semana.

Aquí tedes algunhas ligazóns a vídeos promocionais do filme:

 

Trailer Pradolongo

Quen puidera namorala

“A NOSA LINGUA É INTERNACIONAL”

10 01 pm Dende París

O próximo venres 15 de xaneiro de 2010 celebrarase en París o evento « A nosa lingua é internacional » cunha edición do concurso PLANETA NH, a presentación do manual Do Ñ para o NH de Valentim R. Fagim e o concerto Sons da lusofonía interpretado por Aline Frazão e César Herranz.

As actividades están especialmente pensadas para as persoas que estudan galego en París e están abertas a toda a comunidade galega e lusófona, así coma a todas aquelas persoas que desexen coñecer a nosa lingua e a nosa cultura.

Conferencia sobre Manoel Antonio

07 01 am Dende Faro


O pasado luns contamos coa presenza de Miguel Arce en Faro. No ámbito da cadeira de História da Literatura Galega o leitor da Universidade Nova de Lisboa apresentou unha conferencia sobre o poeta Manoel Antonio e as vanguardas galegas. Partindo dunha visión xeral da vanguarda europeia analisou despois o caso da literatura galega, especialmente na obra do rianxeiro. Acompañou a sua exposición de outros poemas vangardistas e de versións musicadas de textos do propio Manoel Antonio ou de Álvaro Cunqueiro.

O alumnado do Proxecto Galauda visita a UB

24 12 am Dende Barcelona

O pasado 10 de decembro Filologies Gallega i Portuguesa organizou unha charla sobre a lingua galega e mais unha visita á Universitat de Barcelona para o alumanado do Proxecto Galauda.

Galauda é unha iniciativa dirixida por Sabela Labraña para o fomento da lingua e a cultura galegas na Secundaria catalá. Dentro das súas actividades anuais organizan unha visita aos lugares máis emblemáticos da cultura galega de Barcelona: a Librería Sargadelos, a Universitat de Barcelona e o Centro Galego de Barcelona.

Este ano foron tres os institutos que puideron participar da actividade: o IES Margarida Xirgu (l’Hospitalet de Llobregat), coa profesora Charo Teixeiro, o IES Sant Just Desvern (Sant Just Desvern), coa profesora Celsa Nogueira; e o IES Arquitecte Manuel Raspall (Cardedeu), coa profesora Mónica Fernández.

Conferencia sobre Vicente Risco

20 12 pm Dende Faro

O mércores pasado, dia 16 de decembro, e aproveitando a cadeira de História da Literatura Galega contamos cun profesor convidado. Emilio Cambeiro, recente leitor de La Habana, viaxou até Faro para falar de Vicente Risco e a sua obra xornalística e literaria. A conferencia comezou coa análise ideolóxica (tanto na política como na arte) do escritor de Ourense, deixando a segunda parte para analisar a importancia do humor en obras como “O porco de pé”, da que foron lidos fragmentos.

A conferencia de Emilio Cambeiro coincidiu co Dia da Universidade do Algarve, o que se demostrou un xeito perfeito de celebrar o aniversario da institución.

O blog dos lectorados

Máis de 40 centros arredor do mundo están encargados de espallar a lingua e a cultura galegas. Aquí poderás saber exactamente qué facemos e contactar con nós.

 

Marzo 2010
L M M X V S D
« Feb    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031